Presentación1

Benvido/a a Adetcan,

etoloxía é unha ciencia relativamente nova, recoñecida polo mundo científico nos anos 70. Consiste no estudo da prevención, o diagnóstico e o tratamento dos problemas de comportamento, así como da relación entre o benestar e a saúde dos animais, e a súa conduta.

A etoloxía clínica é unha especialidade veterinaria, coñecida cada vez mais como medicina do comportamento.

Segundo un estudo realizado por Lindsay no ano 2000, entre o 40 e o 50% de cans e gatos amosan un comportamento problemático polo menos unha vez durante a súa vida. Os problemas de conduta mais frecuentes no can son: agresividade, ansiedade por separación e medos. Os mais comúns no gato son: agresividade e problemas de micción inadecuada no fogar.

En Adetcan axudamos aos propietarios a previr e solucionar os problemas de comportamento que poidan presentar as súas mascotas, e o facemos cun servizo personalizado e a domicilio. Tamén asesoramos e ensinamos aos propietarios as técnicas para educar e adestrar en obediencia ao seu can, de forma que a convivencia e os paseos resulten agradables para ambos. Podes ver o resto de servizos que ofrecemos no apartado correspondente da web. Estamos en Santiago de Compostela, aínda que traballamos en toda Galicia.

Na nosa páxina tamén podedes informarvos sobre temas actuais relacionados co comportamento de cans e gatos visitando o noso apartado  artigos, onde ademais atoparedes lexislación importante en materia de benestar, tenencia e protección dos animais. Así mesmo, iremos informándovos das charlas e cursos que vaiamos organizando.

Se desexas poñerte en contacto con nos para concertar unha cita ou recibir información, podes facelo no apartado contacto do menú superior.

Visitas:
  • 2488Total de lecturas:
  • 3Hoxe:
  • 26Visitantes por mes: