Etoloxía Felina

As necesidades etolóxicas do gato

perro-y-gato O gato doméstico (Felis silvestris catus) é un animal especialmente sensible ao estres. Tanto o estres agudo como o mantido no tempo, poden provocar alteracións da conduta e problemas de saúde. É importante coñecer o comportamento normal do gato e as súas necesidades máis básicas (alimentación, sociais, comunicación) cando decidimos compartir as nosas vidas con eles.

 A International Society of Feline Medicine (ISFM) e a American Association of Feline Practicioners (AAFP) elaboraron unha guía coas necesidades ambientais do gato, dividíndoa no que chaman os 5 piares da saúde ambiental en gatos. Estas necesidades deben terse en conta para previr posibles alteracións do comportamento no gato así como posibles problemas médicos asociados a unha situación de estres; pero tamén poden empregarse dentro dun plan de tratamento co obxectivo de eliminar ou reducir os factores estresantes. En ambos casos, estas necesidades que deben ser cubertas forman parte do enriquecemento ambiental que tantas veces recomendamos os etólogos para evitar ou ben para tratar alteracións da conduta felina. Sigue leyendo

Visitas:
  • 2484Total de lecturas:
  • 0Hoxe:
  • 22Visitantes por mes: