Galería

Adetcan no Congreso de Especialidades Veterinarias 2015

Na fin de semana pasada estivemos no XV Congreso de Especialidades Veterinarias que se celebrou en Toledo, organizado por AVEPA, a Asociación de Veterinarios Españois Especialistas en Pequenos Animais. Nel reuníronse veterinarios de moi diversas especialidades, entre elas a Etoloxía Clínica.

Borja Ros, de Adetcan, presentou un estudo xunto a Enric Zeitz (biólogo e etólogo), acerca da “Prevalencia e os factores de risco na Síndrome de Disfunción Cognitiva (SDC) en cans de idade avanzada”. Enric e Borja explicaron o seu estudo e os resultados obtidos, no que analizaron a prevalencia desta Síndrome (similar ao Alzheimer en persoas), as características do animal que poden actuar como factores de risco e a relación que existe entre a SDC e a demencia vascular (que é a segunda causa de alteracións cognitivas en persoas).

Queremos dar as grazas á empresa Pen&Tec Consulting pola axuda aportada para poder estar neste Congreso e presentar o noso estudo.

Deixámosvos unhas fotos de Borja e Enric presentando o traballo.

 

IMG-20150411-WA0013

IMG-20150411-WA0018

IMG-20150411-WA0022

IMG-20150411-WA0017

IMG-20150411-WA0016

Sesión obediencia e habilidades con Odie e Loba

Deixámosvos estes vídeos nos que se nos ve realizando exercicios de obediencia e habilidades con Odie e Loba.

O caso de Odie é especial xa que demostra que os cans de idade avanzada tamén poden aprender exercicios e habilidades novas. Odie ten 12 anos e Alba está ensinándolle o quedo, dar a volta, tocar a man co fociño, facer o morto.

Loba ten 5 anos e ten realizado máis clases de obediencia. Senta, tómbase, acode á chamada e vai xunto miña. Aínda queda traballo e pulir detalles, pero a obediencia e a educación canina requiren traballo, tempo e constancia.

En ambos casos ensinamos os exercicios aos nosos cans usando o clicker, se ben co tempo, unha vez o aprenderon, non é necesario seguir usándoo sempre.

Adestramento do Can Lobo Checoslovaco

O Can Lobo Checoslovaco é unha raza de recente creación, mediante o cruzamento de Pastor Alemán e Lobo dos Cárpatos.

Moitos propietarios do CLC téñeno como animal de compañía, pero esta raza, como moitas outras, creouse cunha finalidade de traballo. Trátase dunha raza nobre, pero non recomendada para principiantes ou inexpertos no manexo e educación canina, xa que mostra similitudes co lobo, non so no físico, senón tamén no temperamento. Recoméndase, polo tanto, ter certos coñecementos en educación e comportamento canino e, como en todos os casos, informarse moi ben sobre a raza antes de adquirir o can.

Actualmente xa se diferenciaron algunhas liñas de sangue, como a eslovaca, checoslovaca e a italiana, mostrando diferenzas tanto físicas como de comportamento entre elas.

Deixamos un vídeo onde se mostra o adestramento destes cans por parte do exército checo en diferentes disciplinas: obstáculos, defensa, rastro, …

Visitas:
  • 2484Total de lecturas:
  • 0Hoxe:
  • 22Visitantes por mes: