CASO CLÍNICO. Agresividade nun can hipotiroideo

Hai uns meses, escribín un artigo acerca do hipotiroidismo como causa médica (ou agravante) dalgúns problemas de agresividade. Ver (aquí)

A continuación explicarase un caso real que serve de exemplo do que se falou no dito artigo.

DATOS DO PACENTE E HISTORIA CLÍNICA:

Pepe é un can mestizo, de 7,5 anos de idade, que foi adoptado pola súa actual propietaria cando tiña 7 anos. No momento da adopción, non estaba castrado (na actualidade, o está).

Ao pouco tempo de adoptalo, comezamos cunhas sesións de adestramento en obediencia, xa que Pepe non facía moito caso á súa propietaria e non podía ir sen correa porque escapaba e no respondía á chamada.

Durante as sesións de obediencia, practicamos a chamada, o sentado e o camiñar ao lado. Centreime sobre todo en crear vínculo entre Pepe e a súa propietaria (xa falei da importancia d vínculo no artigo http://adetcan.wordpress.com/2013/09/06/la-importancia-de-el-vinculo/).

Tras unhas poucas sesións, a dona empeza a comentar que Pepe está mostrando algúns episodios de agresividade, especialmente dirixidos a outros cans (machos enteiros principalmente) e a súa propietaria, cando o animal se encontra debaixo da cama e ela agáchase para velo ou intentar sacalo. Se decide entón comezar cunhas pautas de manexo para tratar estas condutas: comezar unha terapia antiestrés realizando modificacións no ambiente e no manexo, e á vez contracondicionar (cambiar a percepción negativa que ten Pepe cara a outros cans) antes de que trate de atacar, e limitar os espazos na casa, comezando por non permitirlle esconderse baixo a cama. Xa que isto último non se cumpría, optouse por non molestalo cando estivera aí.

O problema de agresividade comeza a ir a máis, xeneralizándose a outros contextos e situacións. Ademais, Pepe intenta atacar non so a machos enteiros, senón tamén a femias, indistintamente de si se trata de adultos ou cachorros cando va pola rúa. Os conflitos coa propietaria van cada vez en aumento.

DIAGNÓSTICOS DIFERENCIAIS E DEFINITIVO:

Con toda a información recollida, é necesario realizar unha lista de posibles diagnósticos (diagnósticos diferenciais). En base ao tipo de agresividade, que vai acompañada de impulsividade (ataca de repente, e ao cabo duns minutos é como se non pasara nada), e ás características do animal, os posibles diagnósticos son os seguintes:

  1. – Hipotiroidismo
  2. – Tumor intracraneal
  3. – Sen causa orgánica: agresividade por frustración (confundida a miúdo pola agresividade por dominancia).

Debido á sospeita de que pode existir un problema médico que estea causando ou agravando a agresividade, decídese facer un análise de sangue, valorando tamén o nivel de hormonas tiroideas.

  • A analítica non mostrou ningunha alteración nin no hemograma nin na bioquímica.
  • En canto á analítica hormonal, e aquí ven a razón deste artigo, puxo de manifesto que Pepe ten HIPOTIROIDISMO CANINO. Como se aprecia na imaxe, tanto a T4 como a TSH endóxena están reducidas, o que é compatible cun hipotiroidismo secundario (5% dos casos de hipotiroidismo).
ANALITICA HIPOTIROIDISMO
Imagen 2. Resultados analítica hormonal de Pepe.

TRATAMENTO PROPOSTO:

En vista dos resultados, iníciase o tratamento do hipotiroidismo con levotiroxina sódica, vía oral, cada 12 horas. Este é o fármaco de elección para o tratamento do hipotiroidismo.

RESUME:

Neste caso expúxose un exemplo da importancia de realizar as probas diagnósticas necesarias para descartar unha enfermidade como causa ou agravante dun problema de comportamento.

Polo tanto, podemos resumir cun exemplo deste caso, o seguinte:

  • Ante un problema de comportamento, é fundamental e necesario descartar as posibles enfermidades que sexan compatibles coa conduta anómala que mostra o animal. Se se diagnostica unha patoloxía, deberá iniciarse o tratamento correspondente. Igualmente, se se detecta dor, causa frecuente de alteracións do comportamento, haberá que administrar analxésicos ao animal.
  • Independentemente de se o animal padece algunha patoloxía, é necesario un programa de modificación de conduta adecuado, xa que non basta con tratar a causa orgánica, pois en moitos casos (sobre todo aqueles que levan tempo manifestándose), a aprendizaxe é un factor importante no problema de conduta que manifesta o animal, de forma que este o incorporou ás súas pautas de comportamento habituais. Por ilo, o tratamento farmacolóxico por si so non é suficiente para resolver o problema nalgúns destes casos.

 

Visitas:
  • 2484Total de lecturas:
  • 0Hoxe:
  • 22Visitantes por mes: