Adestramento e Educación

Adestramento e Educación

educacion y adiestramiento 3

– Clases de obediencia.  Nestas sesións ensinarase ao can a cumprir ordes básicas para poder realizar un paseo tranquilo e controlado, e para que o propietario teña un maior e mellor control do seu can tanto no exterior como dentro da casa. As ordes básicas que se ensinan son:

  • Sentado
  • Deitado
  • Quedo
  • Xunto/Camiñar ao lado
  • Acudir á chamada
  • Como realizar un paseo tranquilo e relaxado

Realizamos estas sesións usando reforzos positivos para o animal, de forma que propietario e can gozan e aprenden xuntos. Con ilo, non so buscamos mellorar a obediencia do can e o seu control por parte do propietario, senón tamén mellorar o vínculo entre ambos.

Dispoñible un pack aforro de 5 sesións. Igualmente, organizaranse cursos de obediencia en grupo, que serán anunciados con antelación na web.

– Clicker. Mediante esta técnica podemos ensinar á mascota a realizar os exercicios de obediencia, e outros máis complicados (habilidades caninas). Require unha breve introdución teórica e práctica co propietario para explicar o correcto funcionamento do clicker.

Visitas:
  • 2484Total de lecturas:
  • 0Hoxe:
  • 22Visitantes por mes: