Problemas de Comportamento

Problemas de Comportamento

Modificación de Conduta

 

problemas comportamiento 2

 

– Resolución de problemas de comportamento

– Modificación de conduta

Para tratar un problema de comportamento, realizamos unha primeira visita a domicilio onde observamos ao animal no seu ambiente habitual e facemos unha entrevista detallada aos propietarios para poder establecer un diagnóstico preciso. Algúns problemas poden solucionarse cos exercicios realizados nesta visita, xunto con pautas acompañadas de asesoramento telefónico. Outros problemas máis complicados requiren a realización de sesións de modificación de conduta. Estas sesións realizaranse en diferentes localizacións dependendo de onde se manifeste o problema a tratar. Por exemplo se ten un problema de ansiedade por separación, as sesións realizaranse no domicilio, en cambio se é un problema con persoas descoñecidas, realizaranse no exterior.

Os problemas de comportamento máis habituais son:

No can

  • Ansiedade por separación
  • Agresividade cara as persoas e/ou cara aos cans
  • Medos e fobias
  • Problemas de micción e defecación en casa
  • Trastornos compulsivos
  • “Hiperactividade”
  • Estragos en casa, ladridos, ouveos…
  • Problemas de obediencia
  • Falta de control nos paseos
  • Demencia en cans maiores (Síndrome de Disfunción Cognitiva)

No gato:

  • Problemas de micción e defecación en casa
  • Agresividade cara ao propietario e/ou cara a outras persoas ou gatos
  • Falta de adaptación ao contorno
  • Estres
  • Destrozos e arañazos na casa

Se a túa mascota presenta algún destes problemas podes contactar con nos deixándonos unha mensaxe en Contacto ou chamando aos números que aparecen nese apartado. Non esquezas preguntar polo pack aforro de 5 sesións.

 

SESIÓNS:

– OPCIÓN 1

  • 1ª VISITA: entrevista co propietario para recoller a información necesaria acerca do problema da mascota. Diagnóstico e elaboración do plan de tratamento máis adecuado para o animal. Duración: 1h e 30minutos. Lugar: domicilio.
  • SESIÓNS SUCESIVAS: nelas levarase a cabo a modificación de conduta dentro do tratamento. Duración: 1h/sesión. Lugar: domicilio ou exterior.

– OPCIÓN 2:

  • 1ª VISITA: igual que na opción 1
  • PACK AFORRO 5 SESIÓNS: 5 sesións de modificación de conduta, con prezo especial. Duración: 1h/sesión. Lugar: domicilio ou exterior.
Visitas:
  • 2484Total de lecturas:
  • 0Hoxe:
  • 22Visitantes por mes: