Educación do Cachorro

Educación do Cachorro

educacion del cachorro

 

Limbo é un bichón maltés, macho, de 2 anos de idade. Foi adoptado aos dous meses de idade por unha familia que previamente se informou sobre as necesidades tanto de saúde como de comportamento que necesitaría o cachorro. Contactaron cun profesional que lles ensinou pautas para que Limbo aprendera a facer as súas necesidades na rúa e a obedecer aos sinais que lle dan os seus donos. Ademais levárono a unha clase de socialización con máis cachorros da súa idade. Actualmente, con dous anos encántalle xogar con outros cans, vai tranquilo no paseo e se comporta moi ben en casa.

Rocky é outro bichón maltés, macho, irmán de Limbo que actualmente non se relaciona ben con outros cans, non fai moito caso aos propietarios e en ocasións fai as súas necesidades na casa. Ademais ladra ás visitas que entran na casa e araña a porta cando se van os propietarios. Rocky foi adoptado cun mes de idade e os seus propietarios non viron necesario informarse sobre as súas necesidades posto que xa tiveran can noutra ocasión.

¿Por que estes dous cans sendo da mesma camada teñen un comportamento tan diferente? Tanto en cans como en gatos é moi importante informarse previamente á súa adopción das necesidades sanitarias e de comportamento. Un aspecto fundamental é a socialización do cachorro, é dicir, a súa habituación a diferentes persoas, cans, gatos, animais doutras especies e contornos. Ademais, a idade de adopción tamén é un factor importante que inflúe no futuro comportamento do animal.

Para axudarche a ter un cachorro equilibrado e ben educado, en Adetcan ofrecémosche os seguintes servizos:

 – Clases en grupo para cachorros. Nestas clases aproveitamos que o animal está no seu período de socialización para previr problemas na súa idade adulta como agresividade, medos, ansiedade por separación… Para isto habitúase a diferentes estímulos (persoas, cans, ruídos…) de forma progresiva e controlada. Ademais, nestas clases o cachorro aprende a relacionarse correctamente con outros conxéneres. Tamén se explican os aspectos importantes do coidado e educación básica, por exemplo pautas para ensinarlle facer as súas necesidades no lugar correcto, ordes básicas, acudir á chamada…e responder as dúbidas que poidan xurdir aos propietarios.

– Clases individuais para cachorros. Trátanse os mesmos aspectos que nas clases en grupo pero cunha atención mais personalizada e a domicilio.

– Inicio en obediencia. Nestas sesións ensinase ao cachorro as ordes básicas, a realizar un paseo tranquilo e a acudir á chamada.

– Asesoramento pre-adopción. Informamos aos futuros propietarios de que tipo de can lles convén segundo o seu estilo de vida, explicámoslles cal é a idade óptima de adopción e os axudamos a escoller o cachorro o adulto máis adecuado polo seu carácter.

Visitas:
  • 2484Total de lecturas:
  • 0Hoxe:
  • 22Visitantes por mes: