MEDICACIÓN EN PROBLEMAS DE CONDUTA: COÑECE O SEU USO | Adetcan
963
post-template-default,single,single-post,postid-963,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-16.7,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

MEDICACIÓN EN PROBLEMAS DE CONDUTA: COÑECE O SEU USO

MEDICACIÓN EN PROBLEMAS DE CONDUTA: COÑECE O SEU USO

Dende que comezamos a traballar na resolución de problemas de comportamento démonos conta da grande reticencia que amosan moitos propietarios á hora de medicar a súa mascota mentres que para tratar problemas médicos non hai inconveniente en usar fármacos, cando se trata de medicación en problemas de conduta xurden moitas dúbidas e a decisión non está tan clara.

Psicofarmacos

En etoloxía úsase unha grande variedade de fármacos, pertencentes a grupos farmacolóxicos concretos e con características específicas.

Pensamos que as principais causas son a falta de información ao propietario e algunhas ideas xeralizadas sobre este tipo de medicación. De todas elas, a máis estendida é a de pensar que o can ou o gato van quedar “aparvado” debido aos efectos da medicación. Co fin de axudar aos propietarios e a compañeiros veterinarios a entender os fármacos usados en etoloxía, os seus efectos e indicacións e, por suposto, a súa necesidade en múltiples casos de condutas problemáticas, decidimos escribir este artigo.

Os fármacos usados en etoloxía

Os fármacos que se usan en etoloxía clínica son os chamados psicofármacos. A principal diferenza entre estes e outros medicamentos é que atravesan a barreira hematoencefálica e chegan ao sistema nervioso central (SNC), onde actúan. Isto é, precisamente, o que buscamos cando os administramos ao animal.

Os psicofármacos empregados clasifícanse en diferentes grupos, cada un dos cales ten características determinadas en canto ao seu mecanismo de acción, efectos, interaccións con outros medicamentos, etc. Por tanto, o especialista debe coñecer cada un dos grupos, para saber en que caso administrar cada fármaco.

prozac_161627

A fluoxetina é un dos fármacos máis usados en etoloxía, principalmente para tratar problemas como agresividade impulsiva, APS e condutas repetitivas, entre outros.

Como dixemos, o mecanismo de acción dos psicofármacos é diferente pero, de xeito sinxelo, podemos dicir que a maioría actúan modificando os niveis dalgúns neurotransmisores no SNC (serotonina, dopamina, norepinefrina,…) e potenciando ou inhibindo receptores do SNC, que están alterados en moitos problemas de conduta.

CONCLUSIÓN 1: En etoloxía úsanse os psicofármacos, que se engloban en diferentes grupos. Cada grupo ten características concretas que o especialista deberá coñecer. Isto permite usar a medicación como apoio no tratamento de diferentes problemas de comportamento.

Efectos dos diferentes psicofármacos

  • Como dixemos, cada grupo de fármacos ten un mecanismo de acción concreto. Polo tanto, cada psicofármaco terá uns efectos determinados. NON TODOS OS FÁRMACOS USADOS EN ETOLOXÍA PRODUCEN SEDACIÓN, RELAXACIÓN,…que é polo que moitos propietarios cren que o seu animal queda “aparvado” ou aletargado. Algúns efectos non son apenas “visibles”, coma o caso da fluoxecina (Prozac) ou a clomipramina (Clomicalm). De feito, se non fose porque o sabe, o propietario (nin ninguén) saberían que o can está recibindo medicación.
  • Sin embargo, los efectos de relajación, sedación leve, amnesia,… producidos por algunos de ellos, son beneficiosos en el tratamiento de problemas como Ansiedad por Separación (APS) y fobias específicas a ruidos fuertes (tormentas, petardos,…).

• Por exemplo as benzodiacepinas, como o diazepam, alprazolam (Trankimacin) e clorazepato (Tranxilium) producen relaxación e amnesia. Isto é moi beneficioso se o animal ten que facer fronte a unha situación desagradable para el (como quedarse só, unha tormenta ou un espectáculo pirotécnico), porque ademais de estar relaxado non recordará as experiencias (e emocións) negativas asociadas a eses eventos. E isto é fundamental para evitar que o problema continúe autorreforzándose.

medicación en problemas de conducta

A relaxación muscular e a amnesia que producen as benzodiacepinas son moi útiles no tratamento de problemas coma a APS e as fobias a tormentas, pirotecnia,…

  • Non todos os fármacos son de efecto inmediato. Mentres que algúns (como as benzodiacepinas) teñen un efecto temperán, outros (como fluoxetina e clomipramina) tardan varias semanas en facer evidente a súa efectividade.
  • O rango de doses é variado, pero polo xeral é amplo na maioría deles. Isto quere dicir que podemos administralos a doses baixas e seguras para a nosa mascota e ir aumentándoos progresivamente se é necesario (ata doses que seguen a ser seguras).

CONCLUSIÓN 2: Non todos os psicofármacos producen os mesmos efectos, nin no mesmo tempo. Polo tanto, o feito de medicar un animal para tratar problemas de conduta non implica que vaia quedar “aparvado” cando estea baixo os efectos da medicación. Na maioría dos casos, ninguén diría que o animal está sendo medicado. Noutros, os efectos sedantes, relaxantes,… son beneficiosos para o tratamento de determinados problemas de conduta.

Prevención e medidas de seguridade

Cando administramos un psicofármaco, debemos ter en conta o seguinte (común a calquera medicamento):

  • A maioría de psicofármacos metabolízanse (procésanse) no fígado e elimínanse a través do ril. Polo tanto, debemos asegurarnos de que o can ou gato non sufre ningunha enfermidade hepática ou renal. Ademais, aínda que non producen alteracións cardíacas nin convulsións, estes medicamentos poden agravar a situación en caso de que o animal xa presente estes problemas. Por iso, é ABSOLUTAMENTE NECESARIO facer unha revisión médica á mascota antes de comezar o tratamento. Debería facerse, como mínimo, un exame xeral e unha analítica (hemograma máis bioquímica). Se o can ou o gato teñen problemas cardíacos, haberá que realizar ademais un electrocardiograma.

CONCLUSIÓN 3: Antes de comezar un tratamento farmacolóxico debemos asegurarnos de que o animal estea san e non sufra patoloxías renais, hepáticas,… graves, polo que deberemos acudir ao veterinario para unha revisión e unha analítica básica.

  • Como ocorre co resto de medicamentos, os psicofármacos poden interaccionar entre si, e con outros fármacos. Por iso, é importante coñecer as interaccións de cada un deles, para non administralos á vez, así como a medicación que estea tomando o animal por outros problemas.

CONCLUSIÓN 4: Debemos coñecer o historial médico do animal e saber se está tomando algunha medicación para evitar problemas debido ao uso de varios fármacos á vez.

medicación en problemas de conducta

Algúns psicofármacos poden interaccionar entre si ou con outros medicamentos, polo que non deben darse á vez.

  • Igual que calquera medicamento, os psicofármacos teñen unha serie de efectos adversos e secundarios. É fundamental que o clínico avise deles ao propietario, e coñeza as formas de previlos. A gravidade destes efectos dependerán do fármaco e do estado sanitario do animal. Porén, na maioría deles os trastornos gastrointestinais (náuseas, vómitos, diarreas, etc.) son os máis habituais.

Un último apunte

Para rematar o artigo, gustaríanos aclarar algo que dicimos sempre aos propietarios cando lles propoñemos medicación en problemas de conduta:

A medicación é só unha parte do tratamento dos problemas de comportamento. Pero NON É A SOLUCIÓN ÚNICA NIN MÁXICA. De feito, a medicación por si soa non resolve ningún problema de conduta (excepto a hiperquinese ou hiperactividade patolóxica, dos que hai moi poucos casos en veterinaria). O que realmente resolverá ou axudará a mellorar o problema en grande medida é a MODIFICACIÓN DE CONDUTA.

Entón… ¿por que medicar o can ou o gato?. Porque hai casos que, debido á súa gravidade ou ao tempo que levan manifestándose, o apoio farmacolóxico é esencial para axudar a acortar tempos de tratamento e conseguir unha melloría notable ou a resolución completa do problema.

Como resumo, as ideas fundamentais sobre o uso da medicación en etoloxía son:

  1. Os psicofármacos actúan a nivel do SNC modificando niveis de neurotransmisores que están alterados en diversos problemas de comportamento.
  2. Cada grupo de fármacos ten características concretas, incluíndo os seus efectos.
  3. Non todos os fármacos producen “aparvamento” (relaxación, sedación,…) de feito, con moitos deles ninguén nota que o can ou o gato están medicados.
  4. Mesmo eses efectos de “aparvamento” son beneficiosos e necesarios en determinados problemas, coma APS e fobias específicas (ruídos, tormentas, petardos,…).
  5. Pero o máis importante, O ANIMAL NON QUEDA APARVADO, SENÓN RELAXADO E CON CERTA SEDACIÓN QUE É TRANSITORIA E PUNTUAL.
  6. Antes de medicar, hai que asegurarse de que o animal está san ou non sufre enfermidades que poderían complicar os efectos dos fármacos e poñer en risco a súa vida.
  7. Hai que saber se o animal está sendo tratado por outros problemas (tanto de comportamento como médicos) e con que fármacos, para evitar interaccións entre eles.
  8. A medicación en problemas de conduta non resolve o problema por si só, pero axuda a obter maior melloría e a acortar o tempo de tratamento con modificación de conduta.