Adestramento e Educación Básica
Axudámosche a establecer un bo vínculo, mellorar a convivencia e entender ao teu can a través da educación en positivo.
Problemas de comportamento
Se o teu can ou o teu gato presentan algunha conduta problemática ou que che resulte molesta, podemos axudarche co seu tratamento.
Educación do cachorro no fogar
Aprende connosco a educar de forma divertida e positiva ao teu cachorro para previr futuros problemas de conduta.
Adetcan é o noso proxecto profesional, xurdido no ano 2015, grazas á nosa paixón pola etoloxía clínica ou medicina do comportamento…
Coñécenos
Os cans e os gatos son os animais de compañía máis comúns nos nosos fogares. Tanto é así, que forman parte da nosa familia e son un membro máis dela. Isto fai que sexa necesario coñecelos, entendelos e saber o que necesitan desde o punto de vista comportamental. O noso obxectivo é axudar en todos estes ámbitos, para que a convivencia conxunta transcorra da mellor forma e para que o Vínculo con eles sexa excepcional.
Ver máis
Especialistas en Medicina do comportamento e educación canina.
Cubrir as necesidades básicas de comportamento
Reforzar o vínculo co teu can/gato
Tratar problemas de comportamento
[elfsight_instagram_feed id=”1″]