Servizos | Adetcan
880
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-880,ajax_fade,page_not_loaded,,qode_grid_1300,footer_responsive_adv,qode-theme-ver-16.7,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

Servizos

A nosa filosofía de traballo baséase sempre no respecto ao animal e en manter o seu benestar físico e emocional; por iso, traballamos mediante o uso de reforzos positivos. Trátase de que tanto ti coma o teu compañeiro gocedes e aprendades xuntos, de forma positiva e divertida. 

ADESTRAMENTO E EDUCACIÓN BÁSICA

Clases de obediencia básica individuais:

Nestas sesións practicamos co can exercicios básicos de obediencia (sentado, tombado, quieto, camiñar sen tirar da correa,…) para conseguir unha convivencia adecuada e pacífica co teu can tanto dentro como fóra de casa, así como un paseo relaxado e tranquilo. Dámoslle prioridade sempre ao que máis che interese, polo que o tempo dedicado a cada exercicio dependerá do que sexa máis importante para ti.

Clases grupais de socialización e obediencia básica:

sTrátase de grupos cun número limitado de cans nos que se traballa a socialización e todos os exercicios comentados máis arriba. Os cursos e clases grupais anunciámolos nas nosas redes sociais.

Asesoramento pre-adopción:

Se estás a pensar en adoptar un can ou un gato e tes dúbidas sobre que compañeiro sería mellor para formar parte da túa familia, sobre as súas necesidades básicas de comportamento, como educalo,… realizamos visitas personalizadas para axudarche e resolver todas as túas dúbidas.

PROBLEMAS DE COMPORTAMENTO

Realizamos visita a domicilio para avaliar a contorna do can, o seu manexo e abordar o problema de conduta que che preocupa. Estas visitas permítennos recompilar a información necesaria para diagnosticar o problema e establecer o plan de tratamento máis adecuado para cada caso.

Posteriormente, cando o caso o require e sempre que ti esteas de acordo, realizamos clases prácticas para traballar o problema de comportamento a tratar. Estas clases poderán realizarse no domicilio ou noutras localizacións, segundo o problema.

 

Problemas de comportamento en cans:

  • Ansiedade por separación
  • Agresividade cara a persoas
  • Agresividade cara a cans
  • Medos e fobias
  • Problemas de micción e defecación na casa
  • Trastornos compulsivos
  • Hiperactividade fisiolóxica: desfeitas na casa, ladridos, falta de control nos paseos, etc.
  • Síndrome de Disfunción Cognitiva en cans xeriátricos.

 

Problemas de comportamento en gatos:

  • Problemas de micción e defecación fóra da bandexa
  • Agresividade cara a persoas (propietario/descoñecidos)
  • Agresividade entre gatos
  • Trastornos compulsivos
  • Desfeitas e rabuñadas na casa.

EDUCACIÓN DO CACHORRO

Clases individuais:

Trátase de visitas a domicilio onde che explicamos todo o necesario para unha correcta educación temperá do cachorro (como previr futuros problemas, como manexar condutas propias desta idade que poden resultar molestas,…) e ademais iniciamos ao cachorro en exercicios de obediencia básica, sempre de forma positiva e divertida e adaptándonos á súa idade e capacidade de atención.

Cursos de socialización (puppy parties):

Trátase de varias sesións grupais nas que explicamos os aspectos básicos da educación canina, como previr futuros problemas de conduta, iniciación aos exercicios de obediencia básica nos cachorros e onde realizamos xogos e exercicios cos cachorros para que se habitúen a certos estímulos e manipulacións. Estas clases permítenlle ao teu cachorro socializar con outros cachorros, algo esencial para eles nunha idade temperá. Anunciamos as puppy parties nas nosas redes sociais.