15 Feb As necesidades etolóxicas do gato
O gato doméstico (Felis silvestris catus) é un animal especialmente sensible ao estres. Tanto o estres agudo como o mantido no tempo, poden provocar alteracións da conduta e problemas de saúde. É importante coñecer o comportamento normal do gato e as súas necesidades máis básicas (alimentación, sociais, comunicación) cando decidimos compartir as nosas vidas con eles.
A International Society of Feline Medicine (ISFM) e a American Association of Feline Practicioners (AAFP) elaboraron unha guía coas necesidades ambientais do gato, dividíndoa no que chaman os 5 piares da saúde ambiental en gatos.